04 Mar

Convenio asinado OpeGal SL – CCA O Carballiño

As entidades Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) e Opegal Telecomunicacións S.L. asinaron un convenio anual de colaboración para o establecemento dun apoio mutuo entre ambas a fin de crear packs de telecomunicacións adaptados ás características do comercio local do Carballiño, ó mesmo tempo que se promociona a Opegal Telecomunicacións como un operador local multimedia e cunha atención personalizada e única no mercado. O proxecto concrétase no deseño de packs de servizo de telecomunicacións exclusivas para o comercio carballiñés e a súa adaptación ás características típicas dos pequenos establecementos comerciais, sempre con atención especial á demanda de necesidades que parta dende os propios asociados do CCA.

No acto de sinatura de ámbolosdous convenios, que tivo lugar nas instalacións de Carballiño TV, participaron Julián Garriga Crespo, presidente do Centro Comercial Aberto, e Gumersindo González Padilla, como representante de Canal 26 TV Carballiño S.L. e Opegal Telecomunicacións S.L.

Share this

Leave a reply