A volta ciclista a España
A 71 edición da Volta ciclista a España volve ter a súa saída na Galiza como xa ocurrira no ano 2013. Entre as 7 etapas que se estarán a disputar en terras galegas, a provincia de Ourense cobra especial protagonismo, pois acollerá a saída da volta o día 20 de agosto, no que será previsiblemente unha contrarreloxo por equipos. O Balneario de Laias é o punto escollido para dar comezo ó evento deportivo que, nas palabras do presidente da deputación nunha entrevista concedida ó xornal La Región “es la noticia del año para la provincia”.
As etapas
A primeira etapa (20 de agosto) terá un percorrido de 29,4 km, comezando en Laias e rematando no clube náutico de Castrelo de Miño.
A segunda etapa (21 de agosto) unirá Ourense con Baiona, nun percorrido de 159 km e servirá de antesala da terceira etapa (22 de agosto) que se prevé algo mais exixente e cubrirá os 170 km que separan Marín do alto do mirador do Ézaro.
Logo das duas seguintes etapas (23 y 24 de agosto) que unirán Betanzos con San Andrés de Teixido e Viveiro con Lugo respectivamente, a volta regresará a Ourense para rematar a sexta etapa (25 de agosto) que terá como saída a localidade lucense de Monforte de Lemos e rematará, 163 km despois, en Luintra. O 26 de agosto, a nosa provincia despedirase desta edición da volta tras sair de Maceda na sexta etapa da proba e rematar en Puebla de Sanabria para abandonar xa terras galegas definitivamente e continuar o seu percorrido por España.
O impacto do evento
Tal e como destaca Manuel Baltar, o evento ten una enorme dimensión tanto económica como social, resaltando o feito de que a volta teña como nome “Ourense Termal – Madrid” e o impacto mediático que isto supón. Desta maneira, unha das 3 grandes probas ciclistas a nivel mundial deixará unha huella positiva a nivel deportivo, económico e social, e outorgará a Ourense un protagonismo nunca antes visto nun evento deportivo desta magnitude.
Fonte: