⁠⁠⁠⁠ Blog | Opegal | Servizos de internet, televisión e telefonía móbil e fixa
08 Abr

Toda a Fórmula 1 en OpeGal

f1

 

A partir desta tempada, todos os aboados a TV de OpeGal poderán disfrutar da Fórmula 1 en RTL.

Deste xeito, a cadea Alemana RTL que leva mais de vinte anos emitindo a F1, poderá seguir esta tempada ca emisión do deporte de motor mais importante do mundo para alegría dos seus seguidores e de todos os amantes do motor.

Dende OpeGal alegrámonos da nova e seguimos traballando para ofrecer os mellores contidos a os nosos clientes.

 

Fonte do GIF

Share this
04 Abr
04 Mar

Convenio asinado OpeGal SL – CCA O Carballiño

As entidades Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA) e Opegal Telecomunicacións S.L. asinaron un convenio anual de colaboración para o establecemento dun apoio mutuo entre ambas a fin de crear packs de telecomunicacións adaptados ás características do comercio local do Carballiño, ó mesmo tempo que se promociona a Opegal Telecomunicacións como un operador local multimedia e cunha atención personalizada e única no mercado. O proxecto concrétase no deseño de packs de servizo de telecomunicacións exclusivas para o comercio carballiñés e a súa adaptación ás características típicas dos pequenos establecementos comerciais, sempre con atención especial á demanda de necesidades que parta dende os propios asociados do CCA.

No acto de sinatura de ámbolosdous convenios, que tivo lugar nas instalacións de Carballiño TV, participaron Julián Garriga Crespo, presidente do Centro Comercial Aberto, e Gumersindo González Padilla, como representante de Canal 26 TV Carballiño S.L. e Opegal Telecomunicacións S.L.

Share this
26 Xan

Remix OS, ou cómo converter calquera vello PC en Android

Casi todos temos na casa un vello equipo xuntando polvo nunha esquina. O ordenador que reemplazamos por un novo, o equipo que usabamos antes é que polo motivo que sexa deixounos de dar o servizo que nos daba, ou sinxelamente, PCs que xa non usamos porque decidimos renovar o kit. Pois casi todos os vellos ordenadores pódense converter a Android con Remix OS, un sistema gratuito basado en Android x-86, que podes executar dende un pendrive e que pode ofrecer ao teu vello ordenador o potencial de Android e os seus millóns de aplicacións. Fai clic neste enlace para saber mais detalles ou visita a web dos desarrolladores e descárgao.

Share this
22 Xan

A volta ciclista a España

A 71 edición da Volta ciclista a España volve ter a súa  saída na Galiza como xa ocurrira no ano 2013. Entre as 7 etapas que se estarán a disputar en terras galegas, a provincia de Ourense cobra especial protagonismo, pois acollerá a saída da volta o día 20 de agosto, no que será previsiblemente unha contrarreloxo por equipos. O Balneario de Laias é o punto escollido para dar comezo ó evento deportivo que, nas palabras do presidente da deputación nunha entrevista concedida ó xornal La Región “es la noticia del año para la provincia”.

As etapas

A primeira etapa (20 de agosto) terá un percorrido de 29,4 km, comezando en Laias e rematando no clube náutico de Castrelo de Miño.

A segunda etapa (21 de agosto) unirá Ourense con Baiona, nun percorrido de 159 km e servirá de antesala da terceira etapa (22 de agosto) que se prevé algo mais exixente e cubrirá os 170 km que separan Marín do alto do mirador do Ézaro.

Logo das duas seguintes etapas (23 y 24 de agosto) que unirán Betanzos con San Andrés de Teixido e Viveiro con Lugo respectivamente, a volta regresará a Ourense para rematar a sexta etapa (25 de agosto) que terá como saída a localidade lucense de Monforte de Lemos e rematará, 163 km despois, en Luintra. O 26 de agosto, a nosa provincia despedirase desta edición da volta tras sair de Maceda na sexta etapa da proba e rematar en Puebla de Sanabria para abandonar xa terras galegas definitivamente e continuar o seu percorrido por España.

O impacto do evento

Tal e como destaca Manuel Baltar, o evento ten una enorme dimensión tanto económica como social, resaltando o feito de que a volta teña como nome “Ourense Termal – Madrid” e o impacto mediático que isto supón. Desta maneira, unha das 3 grandes probas ciclistas a nivel mundial deixará unha huella positiva a nivel deportivo, económico e social, e outorgará a Ourense un protagonismo nunca antes visto nun evento deportivo desta magnitude.

Fonte:

http://www.lavuelta.com/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-vuelta-2016-comienza-siete-etapas-galicia-20160109143258.html

http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/manuel-baltar-sociedad-necesita-referentes-y-deportivos-enganchan-eres-nino/20160118072835593813.html

 

Share this
19 Xan

Blinda a seguridade da túa conta de Gmail en 5 sinxelos pasos

A seguridade na rede é un tema tan importante como moitas veces descoidado polos usuarios. Xeralmente estamos ó tanto das tendencias tecnolóxicas, participamos activamente nas redes sociais, moitas veces compartindo parte da nosa privacidade, mercamos por internet e facemos, en maior ou menor medida, outras cousas que convirten a rede nunha parte importante do noso día a día, pero é probable que non estemos a coidar a nosa seguridade dunha maneira axeitada.

Google en xeral e Gmail en particular, por importancia e por presencia na nosa rutina virtual, teñen que ser especialmente tidos en conta. É por eso que dende OpeGal querémoche deixar 5 importantes e sinxelos pasos, para que os sigas e poidas poñer a bó recaudo a seguridade da túa conta de Gmail.

Clica neste enlace e blinda a seguridade da túa conta de Gmail. Nós xa o fixemos, agora tócache a ti!

 

Share this

made with sprite in Carballiño